World Day for Decent Work

Galicia (Spain)

Máis de 15.000 persoas acoden en Vigo ao chamamento de CC OO e UGT

UGT

Máis de 15.000 persoas acoden ao chamamento de CC OO e UGT polo traballo decente e contra a Directiva europea das 65 horas Traballadoras e traballadores de toda Galicia acudiron á manifestación convocada polas dúas centrais máis a Confederación Sindical Internacional e a Confederación Europea de Sindicatos

07-10-2008.- Máis de 15.000 persoas chegadas de toda Galicia participaron na manifestación convocada por UGT-Galicia e o Sindicato Nacional de CC OO. A mobilización, que arrincou ás 20 horas en Vigo do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz e rematou na rúa de Montero Ríos, foi o acto central da Xornada Mundial polo Traballo Decente na que, ademais de reclamar un traballo con dereitos para toda a clase traballadora, tamén se protestou contra a directiva europea das 65 horas.

Esta Xornada é unha mobilización de alcance internacional convocada pola Confederación Sindical Internacional (CSI) e todas as súas organizacións asociadas que, no caso de Europa, se concentran na Confederación Europea de Sindicatos (CES), da cal fan parte CC OO e UGT.

Segundo os secretarios xerais de UGT e CC OO de Galicia, José Antonio Gómez e Xan María Castro, a de hoxe foi «unha data histórica», xa que a Xornada Mundial polo Traballo Decente é «a primeira mobilización global, o primeiro acto coordinado internacionalmente e co obxectivo principal de reclamar unhas condicións de traballo dignas para os traballadores e traballadoras de todo o mundo».

» See online: http://www.ugtgalicia.org

Portfolio

contribute

This forum is moderated beforehand: your contribution will only appear after being validated by a site administrator.


Graphic Design: Jean-Yves Leblon - Pixeleyes | Web agency: TTTP

© ITUC/CSI/IGB 2008

Follow-up of the site's activity RSS feed

Private area | Site Map | Contact | Privacy policy